Farase unha lectura continuada do Chiquinho, no 75º Aniversario da súa publicación
As actividades, abertas a todo o público interesado, comezan nos próximos días 14 e 15 de febreiro, con dúas sesións de formación e animación á lectura que serán levadas a cabo en horario de tarde (das 16h ás 18h) na biblioteca do Perdouro.
No próximo día 14 de marzo será realizada a lectura do romance Chiquinho na biblioteca do Perdouro. Durante a xornada, cada participante vai ir lendo un fragmento de forma continuada. Para facilitar a participación de todas as persoas interesadas, será posible realizar a lectura através de tres modalidades diferentes: presencial, videoconferencia ou enviando un video gravado previamente.
A data límite para realizar a inscrición e participar nesta lectura será o próximo dia 17 de febreiro.