Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de percusión Mondsamba animará o sábado do Entroido de Mondoñedo

Desde o Concello de Mondoñedo lembran que por segundo ano, o Entroido reserva un premio especial para a categoría de grupos de percusión e batería, desenvolvéndose desde as 12 do mediodía, para animar rúas e barrios, ata confluír na praza do Concello, onde un xurado os cualificará. O premio, dotado de 200 euros, é acumulable aos de pola tarde no desfile (17.30h), nas diferentes categorías de grupos e comparsas. Como novidade, o concelleiro de Cultura, Alberto García, anunciou que o gañador levarase un pequeno trofeo conmemorativo, creado e deseñado por Artesanía dos Muíños, polo alfarero Marcelo Scapinachis, de Esquina Atlántica.

Exit mobile version