As actuacións consistirán na estabilización medioambiental, eliminación de especies exóticas e restauración con autóctonas, colocación de paneis divulgativos, a execución dunha nova pasarela de madeira na zona central da praia e un aparcamento co fin de mellorar o estacionamento
“Estas obras son para favorecer o mellor aproveitamento dos valiosos recursos naturais que ten Foz, para que poidan ser desfrutados con maior comodidade tanto polos veciños e veciñas do municipio como polos numerosos turistas, sempre mantendo un absoluto respecto polo medio ambiente”, manifestou Isabel Rodríguez. Tamén remarcou que “demostramos con feitos a aposta do Goberno pola conservación e mellora da costa da Mariña”.
Isabel Rodríguez informou de que as actuacións que levará a cabo o Servizo Provincial de Costas para a praia de Llás consistirán na estabilización medioambiental, eliminación de especies exóticas e a restauración con autóctonas. No proxecto contémplase tamén a posta en valor do sistema dunar desta praia coa colocación de paneis divulgativos. Ademais, se prevé o encanamento do afluente central da praia mediante pilotes de madeira, evitando así a erosión e deterioro desta zona ocasionado polas avenidas periódicas producidas no devandito contorno.
Igualmente, este novo investimento contempla a execución dunha nova pasarela de madeira na zona central da praia e un aparcamento co fin de mellorar o estacionamento e accesibilidade da mesma.
Tal e como sae publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado, o proxecto de melloras na praia de Llás foi adxudicado á empresa Xestión Ambiental de Contratas SL.