Foz, 17 de febreiro, 2023. Febreiro, o mes máis curto do ano, pode chegar a dar moito de sí. Como mostra unha pequena reseña dalgunhas actividades que se realizaron no Martínez Otero de Foz.
Entre o 6 e o 13, baixo o lema “Frenar a desigualdade está nas túas mans”, tivemos a campaña contra a fame, en colaboración con Mans Unidas. Lecturas, videos e pancartas nos acompañaron durante toda a semana que tivo o luns día 13 o broche final co Bocata Solidario.
O Mundo Máxico é o proxecto que están desenrolando en Educación Infantil e por este motivo o día 16, xoves de Comadres, este alumnado desfrutou cunha divertida sesión de “pintacaras”, anticipo de todo o que se estaba a preparar para o día seguinte.
E chegou o día, o venres 17 desde primeira hora da mañá grandes e pequenos acudimos disfrazados ao colexio. Disfraces orixinais, creativos, persoais e que fan voar a imaxinación daqueles que os levan. Durante toda a xornada aulas e patios enchéronse de risas, cores e moito brillo.
O colexio, a nosa segunda casa, foi testigo de excepción do desfile por cursos que ás 10 da mañá tivo lugar no noso pavillón. Gústanos vernos, compartir o día todos xuntos e desfrutar vendo felices aos outros. Que mellor lugar para todo isto que facelo na casa e en familia?
A continuación tivemos un xogo por equipos, dinámico, colaborativo e moi divertido, A ruta do Principiño, neste xogo participou todo o alumnado desde 3º de Primaria ata 4º da ESO.
Xa pola tarde, concluimos a xornada cunha chocolatada e degustación de lambetadas típicas do Entroido. Neste momento abríronse as portas do noso colexio para que todas as nosas familias que quixeran e puideran desfrutaran canda nós da festa e da merenda.
Foron moitos os que acudiron á cita e nós, coma sempre, encantados de recibilos.
Non podemos esquecer que na esencia do Martínez Otero está o de ser un colexio de portas abertas e agora, por fin, podemos volver a facelo