Neste encontro, que se celebra dende o ano 2006, participan máis dunha decena de produtores de grelos. A feira combina a venda deste produto tradicional galego con postos de artesanía, música e demais produtos locais. José Luis Cabarcos e Javier Arias coincidiron en poñer en valor a calidade dos grelos desta comarca e animaron aos produtores e comercializadores, tanto en fresco como en conserva ou conxelado, a que se inscriban no selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia.
