Ribadeo, 14 de febreiro de 2023. O Concello formalizará a vindeira semana o contrato para a realización do acondicionamento do hangar de piragüismo na praia dos Bloques.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, asegura que “desde o día 26 de xaneiro figura na Plataforma de Contratos do Sector Público, que é pública para todo o mundo, a proposta de adxudicación, logo do necesario proxecto de licitación pública”.
E sinala que “o voceiro do PP unha vez máis non se enteira de nada. Nin os expedientes públicos que ten á súa disposición mira, prefire dedicarse a enganar con falsas noticias á veciñanza de Ribadeo. Esta non é a primeira vez que minte descaradamente, e desde o goberno municipal pedímoslle un mínimo de decencia á hora de falar, porque ao final as mentiras teñen pouco recorrido e está deixando á sua formación política sen ningún tipo de credibilidade”.