Viveiro, 11 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro súmase e apoia as reivindicacións da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública, que convocou unha nova manifestación para este domingo, 12 de febreiro, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago.
Para facilitar a participación dos veciños e veciñas da vila, o concello pon a disposición dos interesados autobuses para acudir á manifestación.
“O desmantelamento da Sanidade Pública é un problema moi grave que afecta ao noso día a día dende hai tempo, pero que se agravou aínda máis coa supresión da Área Sanitaria.
Faltan médicos, faltan medios, faltan pediatras que atendan aos nosos cativos e así non se pode ofrecer un servizo digno”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.
Os autobuses sairán o domingo ás 09:00 horas da estación de autobuses.
Os veciños e veciñas interesadas poden apuntarse no Concello chamando ao teléfono 982 560 128 ou acudindo presencialmente ao Concello.
O prazo para apuntarse remata o venres, día 10, ás 12:00 horas.