Viveiro, 17 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro colabora un ano máis coa Asociación Martelos Costa Norte na Chocolatada Benéfica que se vai celebrar este domingo día 19.
A Praza Maior da vila acollerá, entre as 16:00 ás 20:00 horas, diferentes actividade de ocio e animacións dedicadas aos nenos nunha cita na que tamén colabora Amodiño MG.
A participación ten un coste de 3 euros e a recadación integra será doada a “Nico contra el Cáncer Infantil”, a asociación que fomenta a investigación do neuroblastoma infantil.
“A causa merece que toda a veciñanza colabore e se anime a participar. Viveiro sempre da exemplo coa súa solidariedade”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que engade: “Temos que dar as grazas a Martelos Costa Norte pola organización desta chocolatada que fomenta a investigación e a loita contra esta dura enfermidade”.