Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo mellora diferentes viais de Lieiro

Tamén se construíu un paso de peóns elevado na vía de acceso que vai desde a Avenida de Lieiro ata a Praia da Limosa “para reducir a velocidade do tráfico rodado e favorecer a seguridade dos peóns”

Cervo, 17 de febreiro de 2023. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés, a edil de Obras, Mali Méndez e o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, desprazáronse ata a parroquia de Lieiro, onde, na compañía do pedáneo da zona, Luís López, e de veciños do lugar, supervisaron diferentes actuacións de mellora que se executaron en 6 vías da zona, entre elas a estrada do cemiterio; pero tamén na zona do Bao, a Venta, e o Camiño de Saíñas.

Tal e como explicaron, as melloras abranguen unha superficie total que rolda os 1000 m2 e supuxeron un investimento superior aos 20.000 euros, procedentes de fondos municipais.

Ademais, tamén se executou un paso de peóns elevado na vía de acceso que vai desde a Avenida de Lieiro ata a Praia da Limosa “para reducir a velocidade do tráfico rodado e favorecer a seguridade dos viandantes nesta zona transitada”, explicaron.

Tal e como destacou Villares estas actuacións “responden ao obxectivo de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade do tráfico rodado, e tamén dos peóns, nunha zona do noso municipio moi frecuentada pola veciñanza dada a súa situación”.

Exit mobile version