As partidas, que deron comezo o pasado luns 23 de xaneiro, prolongaranse ata marzo e contan con ao redor de 40 mulleres do municipio, divididas en 11 parellas de tute e 8 parellas de parchís. As gañadoras recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición. Dende o Concello de Cervo, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradece a participación de todas as mulleres que forman parte do campionato e convidan a futuras xogadoras a participar en próximas edicións”.