A edil de Festexos, Toñi Eijo, explicou que “a previsión do tempo para esta tarde é moi mala e entón vémonos na obriga de suspender o Enterro da Sardiña, que ía saír desde O Poeta para rematar no Penoural. Estamos a estudar unha posible nova data para poder rematar como se merece o Entroido 2023 en Burela”. Eijo engadiu que “sabemos que a xente está pendente do Enterro da Sardiña, pero co mal tempo que dan pensamos que o mellor é pospoñer esta cita. En canto decidamos a nova data comunicarémola para que a veciñanza poida gozar deste evento”.