Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks, apostando unha vez máis polas compras no comercio local

Viveiro, 28 de febreiro, 2023. Dende o xoves día 2 ata o sábado 4 de Marzo serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, librerías e ópticas.

Para aproveitar estas oportunidades esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana, pasear polo casco antigo, mercar con fantásticos descontos e desfrutar da hostalaría da vila. Teremos a oportunidade de mercar artigos para facerlle frente ó frío que vai estes días pero con super descontos, que mellor oportunidade!

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermella co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.

Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

Un final de rebaixas por todo o alto, con súper descontos, tiramos a casa pola ventá!!
Os locais participantes e as súas promocións son:

Exit mobile version