Case tres anos despois resulta sorprendente que o concello de Viveiro, que aprobou no 2019 unha moción sobre o recoñecemento do estado de emerxencia climática e que incluía unha serie de medidas propostas polo BNG, continúe á cola da mobilidade en bicicleta, sendo isto un dos principais eixos de transformación urbana da última década.
Non é o BNG o que espera por esta comisión de estudo, son as nais e pais que xunto cos/as fillos/as van en bici polas beirarrúas, pola estrada, polo paseo. Son as veciñas e veciños que usan a bici para facer deporte, para ir o traballo, para ensinar as súas crianzas a facer un mundo máis sostíbel, máis humano e sociábel.
Unha vez máis o BNG exixe convocar na maior brevidade a este equipo de goberno, unha Comisión de estudo e seguemento para acordar liñas de actuación que favorezan un Viveiro ciclábel.