Viveiro, 28 de febreiro, 2023. Míriam Bermúdez, a concelleira do BNG, incide en que a día de hoxe, para poder facer un cambio de sentido na zona do Pavillón Municipal cóntase con dúas posiblidades: dar toda a volta polo paseo marítimo ou atravesar o aparcamento do pavillón, esquivando outros vehículos e sin un paso e accesos claros.
En calquera das dúas opcións obrígase a pasar por dous pasos de peóns, zona transitada maiormente por escolares que ademais sofren en horas punta unha gran circulación de vehículos particulares, parece pois, pouco axeitado obrigar e concentrar o tráfico nestas zonas tan delicadas.
No inicio desta zona existe unha isleta triangular cunhas dimensións que permitirían habilitar unha rotonda que facilitase o cambio de sentido, polo que desde o BNG solicitaremos comezar cos trámites necesarios para a instalación dunha rotonda nesta zona tan necesaria.