Nesta ocasión a inicitiva presentada pola portavoz do BNG, Míriam Bermúdez, trataba sobre o inicio dunha rede de Centros de Interpretación en Viveiro. Míriam expuxo uns poucos exemplos dos que poderían ser, sendo tal vez os menos falados, como son o da Industria Conserveira, Casa da Imprenta, Casa do Chocolate, Mina da Silvarosa e da Industria en xeral, aínda que non cabe dúbida de que a historia de Viveiro ofrece posibilidades infindas, foi por iso que o punto principal da moción non queria concretar nos tipos de centros a priorizar, senón que plantexaba o seguinte:
“Constituír unha Comisión Especial da que fagan parte todas as forzas políticas da Corporación Municipal e asociacións e/ou persoas particulares para estudar a creación de Centros de Interpretación do Patrimonio en Viveiro”.
Unha comisión para decidir entre todas as persoas alí presentes os centros de interpretación a executar, lugares máis axeitados, tipos de financiación, material do que se dispón, etc.
Máis este texto tan aberto e democrático, non foi suficiente para os portavoces do PSOE e POR VIVEIRO, María Loureiro e Bernardo Fraga, quenes conxuntamente e tal como fixeron en todo este mandato de cogoberno, votaron “coincidentemente” o mesmo.
Míriam Bermúdez non entende “que mal pode provocar esta iniciativa”,aínda así non puideron evitar que saise aprobada tras votar a oposición a favor da mesma. “Agardamos o cumplimento deste acordo plenario e comezar as reunións nas vindeiras semanas. Xa é hora de comezar a dignificar Viveiro”, rematou a concelleira do BNG.