O concelleiro de Cultura, José Díaz, explica que “se trata dun divertido espectáculo musical baseado nun gran repertorio de cancións Disney cos mellores personaxes das películas”.
Bela, Elsa, Ariel e Rapunzel organizan a súa primeira festa de pixamas na que o pasarán en grande lembrando historias, cantando e rindo. Pero na metade da súa noite especial Ariel márchase da festa tras recibir unha chamada. As súas amigas quedan preocupadas pensando en que quizais a súa amizade estea en perigo, pero grazas á axuda de grandes personaxes como o xenio da lámpada, Aladdin e Jasmine, Campanilla, Vaiana, Olaf, Lumière, Coco, Mirabel e os demais lograrán permanecer unidas e aprender o valor da amizade. Decorados, sorpresas e vestiarios con luces led acompañarán ás mellores cancións de onte e hoxe evocando grandes momentos da infancia. Con 27 personaxes, voces en directo e vestiarios moi coidados este musical non deixará de emocionar a toda a familia.
Xa están á venda as entradas anticipadas en https://entradium.com/events/fiesta-magica-el-musical-de-los-musicales-burela
Díaz apunta que “as nenas e os nenos de ata 3 anos non terán que pagar entrada, pero ocuparán a mesma butaca que o seu papá ou a súa mamá”.