Ribadeo, 21 de febreiro de 2023. Milleiros de persoas ateigaron as rúas de Ribadeo para presenciar o gran desfile do Entroido, que repartiu preto de 4.500 euros en premios.
A chuvia fixo acto de presenza en varias ocasións, sobre todo, na exhibición que tivo lugar diante da Casa do Concello ao remate do percorrido, que aos participantes lles levou facer máis de dúas horas.
No Pazo de Ibáñez tivo lugar a entrega de premios. O xurado decidiu que o primeiro premio na categoría de charangas fose para A Folixa, de Vegadeo; o segundo premio foi para A Choca, de Ribadeo; e o terceiro premio foi para Ruxe Ruxe, de Vilaronte (Foz).
O premio honorífico á mellor mascarita foi para Saritísima do Horto.
O 1º premio na categoría de carrozas foi para Grupo Campillín; o 2º premio para Coco Loco; e 3º para Las chicas de Rocas.
En grupos adultos o 1º premio foi para Vaia Fochanca e o 2º para Circus Os de Barres.
Na categoría de parellas adultos o 1º premio foi para Sol e Lúa; o 2º para Influencers do Corral e o 3º para Pájaro Carpintero.
En individuais adultos o 1º premio foi para De Colección; o 2º premio foi para Colleiteiro; e o 3º para Mutante del Mar.
En grupos infantís o 1º premio foi para Loro Party e o 2º premio para Río; en parellas infantís o 1º premio levouno La Mejor Sinfonía e o 2º Naruto; e en individuais infantís o 1º premio recaeu na A Vendima; o 2º foi para El salón de mi casa e o 3º para Chica Golosina.
Na entrega de premios participaron os concelleiros de Cultura, Igualdade, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, Pilar Otero, Mónica Freire, Jorge Díaz e Pablo Vizoso, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Desde ao organización, Concello e Acisa, agradeceron a participación das persoas anónimas que fan posible esta festa coa súa colaboración desinteresada ao longo do ano, así como ao persoal do Concello e de Acisa polo seu traballo e a todos os establecementos colaboradores.