A área provincial financia o programa de achegas que o Concello convocou este ano, no que se establecen axudas entre os 50 e os 500 euros para a adquisición de especies como bidueiros, freixos, castiñeiros, cerdeiras, carballos, nogueiras, maceiras ou pereiras, cun importe total de 13.900 euros.
A medida axuda ás persoas propietarias de terreos situados en franxas de protección contra os lumes a repoboar con estas especies, adaptándose á normativa contra incendios forestais vixente.
Mónica Freire sinalou que “ao longo destes anos, desde a área de Medio Rural, artellamos diferentes mecanismos para colaborar tanto cos concellos como con asociacións agrogandeiras e particulares nesta materia, entre eles o programa O que non arde”.
Lembrou ademais “que a colaboración entre administracións locais ven sendo a única vía para levar a cabo estas iniciativas de sensibilización e prevención de incendios ante a inacción da Xunta de Galiza que, a través da normativa, xenera obrigas tanto para concellos como para propietarios sen poñer os recursos e medios para o seu cumprimento”.