Site icon Crónica3.com A Mariña

Juanjo Fraga é o novo candidato do PP de Alfoz para tratar de recuperar a alcaldía no municipio

Desde a dirección provincial explican que o obxectivo é recuperar a alcaldía de Alfoz. “Estivemos moito tempo gobernando excepto os últimos oito anos, o que supuxo unha perda de servizos no municipio”, apuntan

Alfoz, 25 de febreiro de 2023. O enxeñeiro agrícola Juanjo Fraga foi presentado como o novo candidato do PP de Alfoz para recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Fraga é coñecido pola súa faceta de empresario, propietario e administrador de varias empresas relacionadas co sector agrícola-gandeiro, das cales tres delas están afincadas en Alfoz.

O acto de presentación, que tivo lugar onte pola noite no restaurante O Frenazo, contou coa presenza do secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, a senadora Rosa Arza, alcaldes, deputados e voceiros da zona; ademais de simpatizantes e afiliados do partido que amosaron o seu apoio ao candidato.

Desde a dirección provincial retifican a decisión da xunta xestora local de apostar pola candidatura de Juanjo Fraga para conseguir o obxectivo de recuper a alcaldía de Alfoz nas eleccións de maio. Por outra banda, os populares destacan que é un municipio no que “estivemos moito tempo gobernando, excepto nos últimos 8 anos, o que supuxo unha experiencia política nefasta con perda de poboación e servizos”.

Fraga traslada os seus agradecementos á dirección provincial pola oportunidade de ser o representante dos populares para traballar polos veciños e por Alfoz. “Quero facer unha radiografía da situación actual do concello para tratar todos os aspectos a mellorar”, di. O candidato encabeza a lista popular “con moita ilusión e compromiso” e co obxectivo de facer un proxecto de futuro para reconducir a xestión do concello que nos últimos anos perdeu moitos servicios ante a incompetencia do goberno local.

Exit mobile version