Site icon Crónica3.com A Mariña

Intensa fin de semana no Valadouro coa Feira de Gando tradicional que ten lugar este sábado

O Valadouro, 17 de febreiro, 2023. A Concellería de Cultura e Medio Rural do Concello do Valadouro, dirixida Por Eduardo Chao informa das convocatorias deste intenso fin de semana coa clausura do Mes Gandeiro que conclúe coa Feira de Gando tradicional que ten lugar este sábado, 18 de febreiro a partires das 10:00 horas da mañá.

Esta Feira de Gando é unha magnífica oportunidade para que os gandeiros fagan transaccións de compraventa de animais de gando vacún, cabalar, ovino, caprino e porcino. Tamén para os demais visitantes é unha inmellorable ocasión para revivir o ambiente das feiras de antano que se pretenden recuperar polos seus efectos económicos e sociais para o noso concello.

Xa estamos por outra banda inmersos no tempo de Entroido e no Valadouro non podía faltar o domingo 19 de febreiro, o tradicional Desfile que se iniciará no Local Social ao lado do Parque Concepción Arenal a eso das 17:00 horas e que discurrirá polas rúas da vila ata o Pavillón Municipal. Aínda está aberto o prazo de inscricións para concurrir aos premios do concurso nas distintas categorías establecidas.

Non esquezades tampouco o Entroido Infantil o martes 21 de febreiro que terá lugar na Praza de Santa María desde as 17:00 horas: inchables, obradoiros, xogos, etc

Exit mobile version