No día de hoxe, o alcalde Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para supervisar a actuación que supón un orzamento que supera os 100.000 euros -104.492 euros concretamente-, fondos procedentes do Plan Único.
Tal e como apuntou Villares, con esta actuación pretendemos mellorar a accesibilidade da vía, conseguindo integrar a circulación tanto de vehículos como de peóns.
Ademais, vaise substituír a rede de abastecemento existente, así como tamén se vai instalar unha nova rede de saneamento cun sistema de separación de pluviais e fecais. Por último, acometerase unha renovación do firme.