Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado 11 de febreiro de 20.00 a 23.00 na Praza do Concello de Burela, celebrarase a “Superfesta” con motivo da recente vitoria do Pescados Rubén Burela FS no Campionato da Supercopa de España 2023, celebrado do 28 ao 29 de xaneiro no pavillón Vista Alegre

Haberá palco, música (cun DJ), barra de Estrella Galicia e inchables gratis para os nenos, a Supercopa e as Superguerreiras, que baixarán despois do partido que xogan contra o Leganés en Vista Alegre, sobre as 21.00, hora á que está programada a presentación da Supercopa con elas. O evento está organizado polo Club, Pescados Rubén Burela FS, coa colaboración do Concello de Burela.

Exit mobile version