Site icon Crónica3.com A Mariña

Esperanza doará 1.500 euros ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas

Recadaron 1.200 euros nas tres mesas colocadas con motivo do Día da Loita Contra o Cancro

Burela, 12 de febreiro de 2023. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro valorou positivamente a aportación económica da cidadanía feita , a través das tres mesas colocadas pola asociación, e que estiveron instaladas unha na Praza do Concello coincidindo co acto central do Día da Loita contra o Cancro e outras dúas nas entradas do Hospital e do Centro de Saúde.

Esperanza recadou un total de 1.200 euros nas tres mesas, algo máis de 200 euros con respecto a 2022, o que demostra o aumento da concienciación da sociedade na loita contra o cancro. O colectivo fará unha donación de 1.500 euros ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, ao igual que o ano pasado.

Polo tanto, a asociación recoñece e agradece públicamente a implicación da veciñanza, sobre de todo en dous aspectos: a colaboración cada día máis intensa de moita xente anónima co colectivo, e por outro as aportacións económicas, o que move a Esperanza a seguir traballando con moita humildade pero tamén con moita perseverancia para lograr adiantos na prevención, diagnose, tratamento e curación do cancro, e no apoio ás persoas enfermas e ao seu entorno familiar.

Igualmente, a asociación agradece a aportación da Fundación Eu Son, do asociado Beto Eiroá e do Concello para que o acto do pasado xoves poidese realizarse.

Exit mobile version