O popular destaca o investimento da Xunta de 50.000 euros para mellorar a entrada á vila, incluíndo o pavimentado con formigón na zona que linda co paseo marítimo
O popular indica que “quixemos solucionar esta situación da man da asociación de veciños porque cremos que hai que estar sempre nesa escoita permanente para ir axudando aquilo que podemos”. Ademais, engade que “é todo un pracer traballar conxuntamente coa asociación de veciños que está facendo un traballo moi importante organizando actividades lúdicas e culturais, coa intención de xuntar aos veciños para pasar un bo rato. Sen lugar a dúbida, anima a facer máis cousas e nos vamos a seguir colaborando cos veciños da man da asociación”.
Vega sinala que “debemos presumir do que temos en Ribadeo con humildade; pero debemos, sobre todo, conservar todo o que temos. Pouco a pouco imos poñendo solución a algúns problemas e xestionando orzamento para traballar polo noso concello”.