Ribadeo, 27 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “o noso propósito durante a lexislatura foi impulsar as entidades deportivas a través do traballo conxunto e a escoita permanente cos clubs, recollendo as súas propostas e levándoas a cabo”.
“Creo que desde o noso grupo municipal debemos dar as gracias a todas estas entidades polo traballo que realizan, levando o nome de Ribadeo por todo o noso país e por todo o mundo, destacando a relevancia do deporte ribadense”, explica Vega. Neste sentido, o candidato a alcaldía engade “creo que debemos destacar que esas colaboracións son froito das propostas que nos traslada cada entidade coas súas necesidades en canto a material deportivo, e precisamente a Xunta está a reforzar a súa estratexia económica para sufragar os gastos”.
Vega destaca que “no caso do Real Club Náutico puidemos xestionar coa Xunta un orzamento de preto de oito mil euros para a compra de compoñentes, embarcacións e carros de varada. Seguiremos axudando na xestións de subvencións para que o Real Club Náutico poida realizar diferentes actividades”.
De feito, o candidato resalta que “desde o noso grupo municipal seguiremos traballando con todas as entidades deportivas da nosa vila porque o importante é destinar orzamento para Ribadeo e impulsar iniciativas que son fundamentais para o crecemento do deporte e da vila”: