Vega destaca “a importancia de xestionar recursos para conservar o casco histórico e de traballar conxuntamente de cara á a súa dinamización”
“A Xunta investiu 150.000 euros na adquisición dos dous edificios situados no casco histórico de Ribadeo (un no número 2-4 da rúa Bispo Veres e outro na rúa Trinidad) dentro da Área Rexurbe”, explica o popular. De feito, a través do IGVS lanzábase en marzo do ano pasado unha oferta pública para a adquisición de inmobles nos cascos históricos de distintas cidades coa finalidade de recuperalos e dirixilos a vivendas públicas de alugueiro.
Vega destaca “a importancia de xestionar recursos e investir para conservar o noso casco histórico”. Nesa liña, cre que “debemos traballar todos conxuntamente para dinamizar, é dicir, darlle dimensión económica ao noso casco histórico”.