Novo márcase como obxectivo recuperar a alcaldía de A Pontenova e abrir máis o partido “porque facemos falta todos para reconducir esta situación”
A candidata popular foi presentada no Hotel San Briz, nun acto que contou coa presenza do secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, alcaldes, deputados provinciais e voceiros da zona; ademáis de afiliados e simpatizantes que arrouparon á candidata.
Desde a dirección provincial destacan que o PP aspira a recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais dun concello no que “xa gobernamos”. Os populares aseguran que a nova candidatura devolverá a ilusión á poboación de A Pontenova que ven de comprobar cómo de mermado quedou o seu concello despois de tantos anos do goberno socialista.
Pola súa banda, Novo trasladou os seus agradecementos á dirección provincial do partido pola confianza e sinalou que “temos moita ilusión por ver mellorar o noso pobo e os servizos aos nosos veciños” e, nesa liña, “queremos ilusionar a máis xente. Queremos contar con todos e traballar desde o respecto e a responsabilidade”. Neste sentido, a candidata asusme o cargo adiantando que “imos abrir o partido porque todos facemos falta” e aboga por desenvolver certos sectores como a industria e o comercio “nos que antes era referencia o noso concello”.