Empregad@s municipais, veciñanza, o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Obras, Turismo e Festexos, Ramiro Fernández, José Díaz e Toñi Eijo, asistiron este martes á convocatoria realizada polo Concello burelés. O rexedor dixo que “quixemos deste xeito amosar a nosa repulsa polo primeiro asasinato machista cometido neste 2023 en Galicia. E a nosa solidariedade coa familia da vítima, Beatriz Lijó,que sufriu o ataque da súa ex parella diante dos fillos de ambos”.