Site icon Crónica3.com A Mariña

Colisión entre un coche e un vehículo agrícola cun ferido en Lourenzá, e saída de vía pola sarabia en Barreiros

A Mariña, 23 de febreiro, 2023. O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu no punto a unha persoa, que non foi finalmente trasladada.

Minutos antes das 11:30 horas, o condutor do coche informou ao 112 Galicia de que colidira contra un vehículo agrícola no quilómetro 578 da N-634. Aínda que no transcurso da chamada aseguraba que a outra persoa implicada non presentaba lesións de consideración, si que precisaba asistencia sanitaria. Ademais, os vehículos quedaran obstaculizando a circulación.

Desde o 112 solicitouse a colaboración dos servizos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá e dos operarios de mantemento das estradas.

Unha vez finalizada a súa intervención, os voluntarios de Protección Civil da Localidade informaban de que o condutor do vehículo agrícola fora atendido no punto, pero non trasladado.

Saída de vía por mor da sarabia en Barreiros

Este outro accidente produciuse no quilómetro 524 da A-8 ao seu paso por Barreiros, en sentido Ribadeo. A persoa implicada contactou co 112 Galicia ás 11 horas, e explicou que presentaba dor de costas e que acababa de sufrir unha saída de vía debido á sarabiada.

No operativo participaron os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico e os operarios de conservación das estradas.

Exit mobile version