Centos de persoas seguiron na avenida Rosalía de Castro a Queima dun boneco de 10 metros de alto, que este ano representaba ao Covid19, para dicirlle deste xeito adeus á pandemia.
A comitiva fúnebre, viúvas e viúvos, saíu do Cantón para percorrer as principais rúas da vila, polas que tamén desfilaron as charangas Aturuxo e A Choca.
A Queima, que chegou á súa 42 edición, comezou cunha espectacular sesión de fogos artificiais e rematou co prendido do boneco, que representaba o Covid19.
A organización do Entroido 2023, Concello de Ribadeo e Acisa, agradecen a participación da veciñanza nas actividades programadas desde o 17 ao 25 de febreiro e a colaboración de todas as persoas e empresas que co seu traballo e a súa axuda contribuíron a que Ribadeo gozase un ano máis do Carnaval.