Burela, 28 de febreiro de 2023. A artista local Belén Mogo colaborará coa Asociación ESPERANZA de loita e apoio contra o cancro nos vindeiros meses de marzo e abril. O curso está destinado, fundamentalmente, para as persoas socias de ESPERANZA, mais de quedar prazas libres poderán ser cubertas por persoas interesadas que se impartirá no propio estudio da artista, no Edificio Centro.
A actividade comezará o 7 de marzo e rematará o 25 de abril, e realizarase os martes en horario de catro a seis da tarde. As persoas interesadas poden contactar coa asociación para a realización do curso a través do teléfono 617699164, ou os mércores no local social de ESPERANZA ubicado na Praza de Abastos. A cota de participación no curso será de 15 euros por mes para as persoas asociadas e de 20 para as que non o esteñan.
A Asociación ESPERANZA quere fomentar a participación das persoas asociadas e non asociadas na vida do colectivo, neste caso a través dunha actividade cultural na que colaborará directamente Belén Mogo. Polo tanto, animamos a todas as persoas con inquedanzas pola pintura a que participen de forma activa na mesma.
ESPERANZA quere amosar o seu agradecemento a Belén Mogo pola súa disposición a colaborar coa asociación a través desta actividade, na convicción de que no futuro a mesma pode ampliarse.