Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro formou parte da delegación do PPdeG que visitou Bruxelas para poñer “na axenda de Europa as necesidades de Galicia”

Nos diferentes encontros sectoriais trasladaron demandas como o “desacertado” do veto á pesca de fondo, a xestión dos fondos europeos ou a inxusta sobreprotección do lobo

Lugo, 4 de febreiro de 2023. O deputado autonómico e coordinador xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, formou parte da delegación do PPdeG que esta semana visitou Bruxelas, para manter diversas reunións de traballo nas que abordaron cuestións de vital importancia para Galicia no ámbito comunitario.

A comitiva estaba composta por deputados nacionais e autonómicos, representantes municipais e membros das diferentes comisións sectoriais do PPdeG, encabezados pola súa Secretaria Xeral, Paula Prado.

“Vimos ao Europarlamento a interesarnos por decisións que está a adoptar a Unión Europea sobre temas que afectan directamente a Galicia”, indicou Balseiro antes de citar cuestións como o “desacertado” veto á pesca de fondo (promovido polos Verdes europeos, grupo político no que está integrado o BNG), as axudas vinculadas á PAC, o impulso do Corredor Atlántico Noroeste e outras infraestruturas estratéxicas ou a política de protección ao lobo que “tanto está a prexudicar aos gandeiros galegos”.

XORNADA DE ENCONTROS SECTORIAIS

Ao longo da xornada, os representantes das comisións sectoriais do PPdeG tiveron a oportunidade de reunirse con políticos comunitarios para abordar asuntos en materia de pesca, asuntos exteriores, fondos europeos, economía, industria, infraestruturas, transportes, medio rural e medio ambiente.

Concretamente foron recibidos pola vicepresidenta da Comisión de Desenvolvemento Rexional, Isabel Benjumea; pola presidenta da Delegación para as Relacións cos Países da Comunidade Andina e membro da Comisión de Industria, Enerxía e Telecomunicacións, Pilar del Castillo; por Pablo Arias, membro da Comisión de Mercado Interior e Protección do Consumidor; e por Juan Ignacio Zoido, membro da Comisión de Comercio Internacional e da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

A delegación do PPdeG visitou tamén á Oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, onde os representantes galegos do Partido Popular tiveron a oportunidade de coñecer en profundidade o labor desta organización.

“O que queremos é que se escoiten as nosas reivindicacións e ao mesmo tempo poñer na axenda europea as necesidades de Galicia, para que Europa sexa un espazo de oportunidades e rectifique aquelas políticas que van en contra dos interese

Exit mobile version