O corpo foi atopado por un particular no areal da praia. Ao fío das 10 da mañá deste xoves, o alertador comunicaba o achado ao 112 Galicia e nada máis recibir o aviso, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, tamén foron informados os efectivos do GES e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cervo e o persoal do Servizo de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.