Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o venres é posible recoller os agasallos sorteados por Acisa Ribadeo na súa campaña de San Valentín

Ribadeo, 21 de febreiro de 2023. Ata o vindeiro venres, día 24, ás 14:00 horas é posible recoller os agasallos sorteados por Acisa Ribadeo na súa campaña de San Valentín. Trátase de 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de 2 noites para unha parella para elixir entre 1.500 destinos.

Lida Álvarez, unha das afortunadas, pasou nas últimas horas polas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, para recoller o seu agasallo: unha cea para dúas persoas no Bar Galicia. O xerente e a presidenta de Acisa, Jesús Pérez e Carmen Cruzado fixéronlle entrega do seu premio.

Os números afortunados pendentes de recoller os seus agasallos son os seguintes: 4.502, 3.619, 4.783, 1.769, 3.216, 5.992, 5.486, 4.282, 359, 3.562 e 4.720.

O sorteo de San Valentín de Acisa Ribadeo tivo lugar o pasado 20 de febreiro nas súas instalacións, foi gravado en vídeo e pódese ver nas súas redes sociais.

Desde Acisa sinalan: “a todas esas personas que hicieron sus compras para San Valentín en el comercio local les pedimos que revisen sus papeletas y que si tienen alguno de los números premiados se pongan en contacto con Acisa para poder hacer su entrega y que así lo disfruten con sus parejas en los próximos días”.

Botellas magnun Azpilicueta

A hostalería asociada a Acisa Ribadeo comezou a entregar tamén estes días as 45 botellas de viño magnum Azpilicueta crianza. O número premiado neste caso foi o 07, terminación do primeiro premio da lotería nacional do pasado sábado, día 18.

Desde Acisa explican que “son los propios hosteleros los que están contactando con los afortunados y afortunadas para hacerles entrega del premio en sus locales. Los premiados podrán llevarse su botella de vino a casa o consumirla, si lo prefieren, en el bar o restaurante”.

Acisa agradece “la colaboración a Pernod-Ricard para poder realizar esta iniciativa, enmarcada en la campaña de San Valentín 2023. Gracias también a los restaurantes que nos han regalado las cenas, a Viaxes Eroski que ha aportado la estancia de 2 noches de hotel para una pareja y a la Xunta de Galicia que ha colaborado en esta cita y que trajo a Ribadeo a la Tuna do Camiño el pasado 10 de febrero”.

Desde a directiva da asociación ribadense engaden: “todas las actividades que organizamos persiguen el mismo objetivo que no es otro que la dinamización de la hostelería, del comercio y del sector servicios de Ribadeo”.

Exit mobile version