O día 17 será o pregón no Teatro a cargo do actor Carlos Blanco ás 19:30 horas. O Concello e Acisa lembran que “para acceder será preciso retirar entrada de balde desde as 18:30 horas. Unha vez que todas as butacas estean ocupadas non se poderá entrar no Teatro. As portas pecharanse cinco minutos antes do inicio do pregón”. Logo ás oito haberá alborada polas rúas de Ribadeo a cargo da charanga Aturuxo. E no auditorio ás 21:00 horas dará comezo o monólogo de Carlos Blanco. Neste caso o prezo da entrada xeral será de 10 euros e para persoas desempregadas, estudantes e xubiladas haberá prezo reducido, que será de 5 euros.
O 19 será do Domingo do Cocho. A partir das doce no Campo de San Francisco será a saída da Comparsa do Cocho, que irá acompañada do cuarteto tradicional Illa Pancha. As charangas A Choca, Aturuxo e as mascaritas animarán as rúas de Ribadeo. Xa ás 13:30 horas no Cantón haberá concentración de mascaritas e sorteo dunha noite de aloxamento no Parador de Turismo de Monforte e unha cea para dúas persoas no restaurante Javier Montero, de Ribadeo. As persoas que se disfracen de mascaritas e se concentren a esa hora no Cantón poderán facerse coas rifas para entrar no sorteo destes agasallos.
E pola tarde ás 17:00 horas na discoteca Rosalar será o baile infantil de disfraces, no que actuará Paco Nogueiras.
O 20 de febreiro, Luns da Mascarita, na Escola de Música e Danza de Ribadeo ás cinco da tarde desenvolverase un obradoiro de mascaritas interxeracional coa participación de Argadelo, As Parroquias en Marcha e Con Sentidiño.
Ao remate, arredor das sete da tarde, desfile final coas mascaritas do obradoiro acompañadas de Mano Panforreteiro. E a partir das 20:30 horas alborada polas rúas da vila coa charanga A Folixa.
O Martes de Entroido será o Gran Desfile a partir das cinco da tarde, que repartirá 4.500 euros en premios.
Desde o Concello e desde Acisa subliñan que “a inscrición no desfile pode facerse por parte dos participantes directamente na sede electrónica do Concello, no rexistro físico ou enviando un correo electrónico a info@acisaribadeo.es ou turismo@ribadeo.org”.
A programa do Entroido de Ribadeo 2023 rematará o 25 de febreiro, xornada na que se celebrará a tradicional Queima.
Durante estes días arredor de 20 locais hostaleiros de Ribadeo ofrecerán cocido como menú ou en tapa. Os participantes son:
1.Horta de San Roque (Cocido)
2.Costa verde (Cocido)
3.Fumarel (Cocido por encargo)
4.O Lar de Manolo (Cocido)
5.O Mariñeiro (Cocido)
6.San Miguel (Cocido martes de entroido)
7.Porto de Rinlo (Doces de Entroido)
8.Flor de José (Cocido )
9.Mareta (Tapa o venres)
10.O Breoghán (Tapas)
11.Goia´s (Tapa)
12.O Indiano (tapa xoves de tapeo e cocido previo encargo)
13.A Taperia (Cocido)
14.Portillo (Cocido)
15.Mesón Rincón do Gordo (Cocido)
16.A Lira (Tapa de cocido)
17.Delicatess (Cocido para levar)
18.Ramonita (domingo cocido e prato especial de “cocido ravioli”)
19.Parador (Cocido por encargo)