Site icon Crónica3.com A Mariña

As Guerreiras perden o derbi ante o Ourense

O equipo burelés perde unha bonita oportunidade para recuperar a segunda posición na clasificación, pero segue tendo ben asegurado o posto para os playoff

Burela,  19 de febreiro, 2023. Outro derbi galego máis, grazas ao grande número de equipos das catro provincias galegas en Primeira Federación Feminina, nesta xornada 19 na que se celebraron dous importantes encontros en Galicia, o Poio Pescamar – Viaxes Amarelle, que empatou 1-1 na localidade pontevedresa, e o Ourense Envialia – Pescados Rubén Burela FS que tivo lugar no Pavillón Municipal Os Remedios de Ourense, ás 12.00 horas desta mañá. En xeral o Pescados Rubén dominou o partido, aínda que faltou o tino e encontrouse a un Ourense que gañou en intensidad e precisión.

Na primeira parte o Burela FS non comeza coa enerxía e bo facer que o soe definir, con poucas ocasións de gol por parte de ambos equipos. No minuto 13 pídese o primeiro tempo morto e comeza a apreciarse a superioridade do Burela, que empeza a apertar máis e a ter oportunidades máis claras, como un tiro de Irene Samper no minuto 14, despois dun saque de banda de Cilene, que se vai fóra da portería. No minuto 15 o Pescados Rubén ten unha dobre ocasión, empezando con Patricia cunha clara oportunidade tras un xogadón e bo pase de Peque, pero atópase con a man da porteira do Ourense, Vane, que fixo un moi bo partido. Na seguinte xogada Emilly volve atoparse con Vane tras un tiro directo dende a banda. No minuto 18 Patricia volve ter outra ocasión clara que para Vane e pouco despois o Ourense ten unha de as ocasións máis clara do encontro nunha posición perfecta para o gol tras un corner, pero Marta non logra acadar o disparo a portería. Pouco despois, a 11 segundos do descanso, Iria Saeta mete o 1-0 tras unha recuperación de balón de Candela en campo contrario.

Na segunda parte comeza o encontro de novo bastante igualado e no minuto 26 Irene Samper empata cun golazo despois dun fallo nun pase do Ourense que recupera a mesma Irene a media pista. No minuto 27 o equipo ourensán aperta ao Burela que aguanta pero continúa tendo ocasións erradas: no mesmo minuto, de novo Irene Samper nunha acción individual e posteriormente no 32, a capitá Peque outra ocasión cun tiro directo a portería. Un minuto despois Jenny Lores adianta o marcador para o Ourense Envialia 2-1 e a pesar da insistente procura do gol por parte do Burela, que presiona con Patricia de porteira-xogadora durante o que resta do partido, non consegue o empate e non puntúa esta semana na clasificación. Aínda que o Pescados Rubén Burela FS foi superior durante todo o encontro en xeral, non estiveron á altura dun Ourense que soubo defender a súa portería e aproveitar as ocasións que se lle brindaron para gañar o partido.

Grazas aos axustados resultados nos altos postos da clasificación, empatando o Futsi Atlético Navalcarnero contra o Sala Zaragoza e o Poio Pescamar contra o Viaxes Amarelle, así como a derrota do Torreblanca Melilla ante o Alcorcón, o Burela FS mantén o terceiro posto na táboa con 47 puntos, a tres puntos do Poio e a 5 do Futsi.

Son dúas saídas seguidas sen gañar e é doloroso para o equipo laranxa, pero toca repoñerse e prepararse o mellor posible para o partido do mércores de Semifinais da Copa Galicia contra o Poio Pescamar.

Ficha Técnica Ourense Envialia – Pescados Rubén Burela FS:

Ourense Envialia: Vane (P), Candela, Chiky, Vero, Clara Fernández – cinco inicial -, María Arias, Iria Saeta, Marta (C), Sara Moreno, Jenny Lores, Cèlia, Zaide Pérez, Uxía Rodríguez (P).

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Jenny, Emilly – cinco inicial- Peque, Patricia, Antía, Irene Samper e Jozi (P).

Goles: Min.19 Iria Saeta 1-0; min.26 Irene Samper 1-1; min.32 Jenny Lores 2-1.

Equipo Arbitral: Borja Darriba Villamor, Daniel López López, Germán Fernández Dacosta, Óscar Luis Gulín Piñeiro.

———————————————————–

Exit mobile version