O primeiro obradoiro celébrase na Escola de Cinxe hoxe e mañá. Os asistentes aprenden a elaborar queixos en horario de 10 a 15 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde e o domingo de 10 a 14 horas.
A Escola de Remourelle acollerá un obradoiro de poda de froiteiras o 18 de febreiro en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas.
O 4 de marzo na Escola de Couxela será impartido un curso sobre mantemento de motoserras de 10 a 14 horas.
O 11 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas a Escola de Vilaselán acollerá un obradoiro sobre elaboración de pan.
Na Escola de Vilaframil será impartido o 18 de marzo un curso sobre primeiros auxilios. Será de 10 a 14 horas.
E o 25 de marzo desenvolverase un curso de inserto de froiteiras na Escola de Cedofeita en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas.
Para os vindeiros obradoiros aínda queda algunha praza libre. As persoas interesadas poden anotarse no 982 129 889.