Site icon Crónica3.com A Mariña

AGACA explica como reducir as pegadas hídricas e de carbono a gandeiros de Ribadeo

Técnicos de AGACA e da USC explicarán como reducir as pegadas nas granxas de leite, segundo un estudo previo desenvolvido en 100 explotacións de Galicia

Santiago, 13 de febreiro de 2023. Os vindeiros 15 e 16 deste mes de febreiro, técnicos de AGACA da USC (Universidade de Santiago de Compostela) expoñerán a gandeiros de Ribadeo e Ames as claves para reducir as pegadas de carbono e hídricas nas súas granxas de leite.

O estudo “A mellora da competitividade das explotacións de gando de vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e pegada hídrica” desenvolvido por AGACA e a USC levouse a cabo realizando medicións exhaustivas en 100 granxas galegas produtoras de leite cunha media de 88 vacas en fase produtiva (50 delas, na comarca de Chantada-Sarria; 28 na mariña lucense; 7 das Terras de Melide e 15 na comarca de Barcala- Bergantiños).

Tras publicarse as conclusións obtidas, agora iniciase unha etapa de comunicación directa aos gandeiros e gandeiras para que poidan aplicar as recomendacións dos expertos.

Proximamente realizarase esta actividade en instalacións da cooperativa Aira.
Programa :

12:00 h. Explicación do proxecto, que é a pegada de carbono e hídrica, métodos de cálculo, melloras para reducir as pegadas e rolda de preguntas. Relatores: Javier Martínez e Francisco López, técnicos de AGACA.
13:00 h.  Interpretación dos resultados. Relator: Eduardo Entrena, membro do grupo BioGroup USC e rolda de preguntas.

O proxecto

O estudo “A mellora da competitividade das explotacións de gando de vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e pegada hídrica” enmárcase no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) en calidade de organismo intermedio deste programa, cofinanciado por FSE.

Contou co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.

Exit mobile version