Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo propón este San Valentín “Namorar cun bo viño”

Ribadeo, 10 de febreiro de 2023. Acisa Ribadeo sorteará 45 botellas de viño magnum Azpilicueta crianza nos locais hostaleiros asociados. Este é o broche de ouro da súa campaña de San Valentín.

Desde Acisa o xerente, Jesús Pérez, explica que “aquelas persoas que fagan consumicións por importes superiores a 10 euros entre o 13 e o 17 de febreiro poderán cubrir unha casiña nas cartulinas que atoparán nos locais hostaleiros asociados. É moi sinxelo elixen un número do 0 ao 99 e poñen nesa casiña o seu nome e o seu teléfono. E logo teñen que estar atentas e atentos ao sorteo da Lotería Nacional do sábado 18 de febreiro. Gañará a botella de magnum a casiña cuxos números coincidan coas dúas últimas cifras do primeiro premio do devandito sorteo da Lotería Nacional”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinala que “son 45 botellas as que se poñen en xogo. Iso quere dicir que haberá 45 premiadas e premiados, que poderán consumir a súa botella de viño magnum Azpilicueta crianza no propio local hostaleiro no que resulten premiados”.

Pérez Prada anima “a ribadenses e visitantes a participar na campaña de San Valentín na hostalería ribadense, onde tamén moitos dos nosos asociados e asociadas ofrecerán menús especiais ao longo destes días. Neste 2023 quixemos programar cousas diferentes. A este Namórate cun bo viño, que se desenvolverá a vindeira semana, únese a presenza da Tuna do Camiño, que esta tarde noite amenizará as rúas de Ribadeo, e tamén a campaña que deu comezo no comercio o pasado 3 de febreiro e que se prolongará ata o día 13. Lembramos que o 14 faremos o sorteo de 11 ceas para dúas persoas cada unha e dunha estancia de dúas noites para unha parella a elixir entre 1.500 destinos”.

Cruzado Iglesias engade: “queremos agradecerlle a Pernod-Ricard esta colaboración para poder levar adiante a campaña Namórate cun bo viño. Agardamos que sexa o inicio dunha relación que nos permita organizar máis iniciativas que contribúan á dinamización da hostalería de Ribadeo. Grazas tamén aos restaurantes que nos regalan as ceas que imos sortear o vindeiro martes, grazas a Viaxes Eroski e á Xunta de Galicia, que colabora con Acisa nesta campaña de San Valentín de 2023”.

A presidenta, o secretario e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado, Felipe Fernández e Jesús Pérez, presentaron Namórate cun bo viño xunto a Juan José Hernández Porto, delegado de Pernod-Ricard.

Exit mobile version