Site icon Crónica3.com A Mariña

AciaFozCCA sorteou este venres os 1.500 euros en vales de compra da súa campaña de San Valentín

Foz, 17 de febreiro de 2023. AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da súa campaña de San Valentín. Os premios serán entregados o vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 20:00 horas no Cenima.

As persoas afortunadas cun vale de 50 euros son: Sobrino Ennoury (por unha compra realizada en Electrodomésticos Celso); Pilar López (en Chinela Nenos); Pilar Carballeira (en Librería Bahía); Carmen García (en Vas’s); Myriam Pérez (en Decoraciones Pura); Ana Mª Estévez (en Arrullos); Tamara Neira (en Clínica Maas Saúde); Raquel Expósito (en Cenor Belianorte); Yolanda Vázquez (en Alain Afflelou Óptico); y Pili Veiga (en Carnicería Mercedes).

E os premiados cun vale de 100 euros son: Juan Manuel Arias (por unha compra feita en Fabeiro Arte Floral); Xesús Blanco (en Centro Óptico Eliseo); Victoria Celada (en Ofifoz); María Couto (en Salai Campo); José Fernández (en Infotec); Rita Rodríguez (en Mercería Vera); Remedios Cabaleiro (en La Flor Abulense); Cristina Legaspi (en Pastelería Xoyma); Stefanía Grisales (en Calzados Pirde); e Manuel Fernández (en Ginzo Hombre-Mujer).

O sorteo celebrouse esta mañá nos estudos de Radio Foz. No mesmo entraron todas as persoas que realizaron as súas compras de San Valentín entre o 3 e o 14 de febreiro nos establecementos adheridos a esta campaña.

AciaFozCCA contou coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Exit mobile version