Site icon Crónica3.com A Mariña

A Tuna do Camiño animou as rúas de Ribadeo este venres. Os tunos veteranos, chegados desde Santiago, percorreron diferentes prazas e zonas da vila e compartiron a súa música e as súas cancións nalgúns bares nos que tiveron que poñerse ao abrigo debido ao frío rexistrado nas últimas horas en Ribadeo

A Tuna do Camiño estivo acompañada por unha Cupida especial, que repartiu caraveis brancos entre as namoradas e os namorados. Acisa Ribadeo agradece a implicación dos compoñentes da Tuna do Camiño para encher de música e bo humor a noite de onte durante catro horas. Nesta actividade, enmarcada na campaña de San Valentín, Acisa contou coa colaboración da Xunta de Galicia.

Exit mobile version