A Tuna do Camiño estivo acompañada por unha Cupida especial, que repartiu caraveis brancos entre as namoradas e os namorados. Acisa Ribadeo agradece a implicación dos compoñentes da Tuna do Camiño para encher de música e bo humor a noite de onte durante catro horas. Nesta actividade, enmarcada na campaña de San Valentín, Acisa contou coa colaboración da Xunta de Galicia.