Nese documento recóllese que “o luns 6 de marzo de 2023 comezará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas (servizo contratado polo Concello de Ribadeo á empresa B39866199 – Ascan Servicios Urbanos, S.L.), a través da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente, S.L., transportista profesional de residuos autorizado pola Xunta de Galicia (inscrición SC-I-NPXRT-00138), prolongándose a mesma durante os días que sexan necesarios para atender tódolos avisos de recollida recibidos en tempo e forma”.
No Bando di que “para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, tódalas explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e solicitarano a través do teléfono do punto limpo municipal, 664 00 09 32, dentro do seu horario, isto é, de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 18:30 e os sábados de 9 a 13 horas, ata o venres 3 de marzo de 2023”.
Dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradecen “a máxima colaboración posible con este servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida”.