A veciñanza de Faro solicitou varias pero asequibles demandas, as cales son:
. Plantación de máis arboreda no paseo, explanada e zona do parque de Area. Un paseo con mesas e bancos pouco funcionais pois carecen de sombra e/ou resgardo.
. Que a iluminación do paseo e accesos ás vivendas, onde se veñen cometendo diferentes roubos, permanezan acendidas todo o ano e non só en agosto. Destacaron que non fai falla que esteñan todas as luces prendidas pero si un mínimo que permita ver para pasear e evitar na medida do posible a delincuencia.
. Medidas de calmado de tráfico na recta con locais de hostalería e vivendas próximas, tal e como se fixo noutras zonas como xunto o Restaurante Louzao e Hotel Ego.
. Mantemento programado na limpeza do río e a súa canalización que atravesa a estrada xeral por debaixo, e que con cada temporal se tupe ocasionando que a veciñanza teña que dar a volta por Xove para acceder ás súas vivendas.
. Mantemento e atención nas estradas municipais en especial no cruce do Brieiro, xunto a Igrexa nova, sen pintar actualmente polo que é imposible distinguir as preferencias e ter un paso seguro, así como tamén a correcta colocación dos espellos neste cruce que están dirixidos ao lado contrario de onde son necesarios.