Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo organiza o obradoiro de biodanza ‘Movéndonos cara o botrato’

Ribadeo, 22 de febreiro de 2023. A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de biodanza. Denomínase Movéndonos cara o botrato e terá lugar os días 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril na Casa do Viejo Pancho en horario de 11 a 13:30 do mediodía.

A actividade será dinamizada pola psicóloga e facilitadora autorizada de Biodanza SRT, Mari Fidalgo. A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro traballa a relación entre o bo trato e a saúde, incidindo na importancia das prácticas de autocoidado e na conexión co corpo e as emocións para o benestar e a autonomía”.

A edil ribadense dixo que “a proposta principal deste taller de biodanza para mulleres é estimular a nosa autoestima nutríndonos de vivencias de vitalidade, creatividade e afectividade, fortalencendo a saúde integral desde a naturalidade”.

Mónica Freire subliña que “as clases son gratuítas,  so se precisa levar roupa cómoda e non é necesario saber bailar. A biodanza é unha ferramenta para a promoción da saúde e o desenvolvemento integral das nosas potencialidades, favorece a expresión de emocións, alivia o estrés, regula as funcións orgánicas, reforza a autoestima e mellora a comunicación connosco e coas demais persoas”.

As persoas interesadas en obter máis información e para realizar as inscricións deben dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) situado non Auditorio, Rúa Buenos Aires 14, (teléfono 982120739), ata o 10 de marzo. As prazas limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

Exit mobile version