O Domingo do Cocho rematou cunha concentración de mariscas no Cantón e co sorteo de dous agasallos: unha noite no Parador de Monforte e unha cea para dúas persoas no restaurante gastronómico Javier Montero. Todas e todos os que acudiron disfrazadas ao Cantón esta mañá puideron facerse de xeito gratuíto coas rifas para participar no devandito sorteo.
Pola tarde tivo lugar na discoteca Rosalar o baile infantil de disfraces, que contou coa actuación de Paco Nogueiras.