Nesta ocasión Ribadeo vaise converter nunha cita máis dentro do calendario de competicións.
No ano 2020 a pandemia obrigou a cancelar este mesmo evento, polo que era necesario convocar de novo este 1º Concurso PuzzlEO RibadEO para colocar a Ribadeo no mapa puzzlero desta afición que, precisamente a pandemia, fixo que se extendera cada vez a máis persoas e fogares.
O evento está organizado por AEPUZZ e a Asociación Cultural A Ronqueta co apoio do Concello de Ribadeo e colaboradores como O Ferrado Marelo, Doctor Panush, Bis a Bis e Trece Decoración y Eventos.
A cita terá lugar o Domingo 26 de marzo de 2023 ás 11:30h no Pavillón Municipal de Deportes de Ribadeo.
A modalidade escollida é a de parellas: todas as parellas participantes montarán simultáneamente un puzzle de 500 pezas, igual para todas, sendo a gañadora a parella máis rápida. Dispoñen dun tempo máximo de dúas horas.
As prazas están limitadas a 50 parellas.
As inscricións deben realizarse a través da páxina web de AEPUZZ www.aepuzz.es a partir do 26 de febreiro de 2023. O custo da inscrición é de 18€ por parella, aplicándose un desconto de 5€ por persoa para ribadenses ou socios e socias de AEPUZZ.
Haberá premios e trofeos para as tres primeiras parellas e para a mellor parella local.
Toda a información sobre as bases do concurso pode consultarse na mesma páxina web de AEPUZZ https://aepuzz.es/i-concurso-puzzleo-ribadeo
No correo electrónico puzzleoribadeo@gmail.com resolverase calquera dúbida ao respecto.
Se che gustan os puzzles, non dubides en participar. E se tés curiosidade, tamén podes vir a disfrutar do ambiente e acompañarnos ese día.