Poderá participar no concurso e ser beneficiario destes premios calquer neno ou rapaz empadroado no Concello en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO).
A documentación a presentar será a seguinte:
Ficha de inscrición establecida ao efecto que deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar, na Biblioteca Municipal, con data límite 10 de febreiro de 2023.
Segundo idade, hai cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concederanse tres premios que consisten en material escolar por valor de 35 € cada premio.
Os gañadores deste Concurso daranse a coñecer o sábado 18 de febreiro durante o baile de disfraces posterior ao Gran Desfile de Entroido.