Na competición de veteráns o club Egovarros-Viveiro estivo representado por 6 atletas, que lograron acadar unha medalla de ouro e unha de bronce. A medalla de ouro foi para Begoña de Arriba en W65, que se proclamou campioa galega, o seu compañeiro Domingo Álvarez en M70 obtivo a medalla de bronce. Os demais atletas do club tamén realizaron unha destacable carreira.
Pola mañá o mesmo circuíto acolleu o Campeonato Galego de categorías menores (Sub10, Sub12, Sub14, Sub16 e Sub18), no que o club de Viveiro tivo representación en Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16, sendo para estes atletas a primeira vez que participaban nun Campeonato Galego federado, tendo todos eles unha brillante actuación. Destacando Thiago Fernandez que na categoría de Sub10 acadou a 10 posición galega.
O próximo campionato no que tomarán parte atletas do Egovarros-Viveiro será no Galego de Pista Cuberta que se celebrará a vindeira fin de semana en Ourense.