Na categoría Sub16 Claudia Rodríguez Rivas (Claudia) e Lola Muñoz Baamonde (Lola) e en Sub19 feminina Daria Kowshyk (Dasha)
Burela, 14 de xaneiro, 2023. Esta tarde viaxarán coa Selección Gallega de fútbol sala tres das nosas xoves promesas das Escolas Cabreiroá Burela FS a disputar o Campionato de España de Fútbol Sala Feminino Sub16 e Sub19, que se celebra do 16 ao 20 de xaneiro en Molina de Segura (Murcia). Serán as cadetes Claudia Rodríguez Rivas (Claudia) e Lola Muñoz Baamonde (Lola), que xogarán o Sub16, e a xuvenil Daria Kowshyk (Dasha), o Sub19. A diferencia do masculino, este campionato de fútbol sala feminino será unha fase única, é dicir, as fases eliminatorias e a final xogaranse neste período de tempo, sendo as fases eliminatorias do 16 ao 18, a semifinal o día 19 e a final o 20.
Claudia Rodríguez xoga nas Escolas do Burela FS dende os 5 anos, dende a categoría prebenxamín. Lola Muñoz tamén entrena nas Escolas do Burela FS dende os seus inicios, concretamente dende os 7 anos, categoría benxamín. Dasha xoga ao fútbol sala dende fai 5 ou 6 anos na súa cidade natal Kiev, xoga no xuvenil do Burela FS dende marzo de 2022, que veu a Burela. Claudia e Dasha entrenan tamén co equipo senior do Pescados Rubén Burela FS e foron convocadas e xogaron en varias ocasións co mesmo en Primeira Federación de Futsal Feminino.
As tres burelás están demostrando esta tempada o seu bo xogo, ambición e gañas de medrar como xogadoras para, algún día, chegar a formar parte de equipos de primeira categoría.